IIº Premio Manuel María á dignidade nacional

Con este premio preténdese «recoñecer a aquelas persoas ou institucións públicas ou privadas que teñen desenvolvido actividades ou promovido iniciativas de calquera tipo con destacadas consecuencias na mellora da nosa dignidade nacional, do mesmo xeito que Manuel María o fixo ao longo da súa vida.

A entrega do premio terá lugar en Santiago de Compostela durante unha cea que se celebrará no Hotel Los Abetos (San Lázaro, s/n) o día 21 de abril ás 22:00 horas.» Máis información en Manuel María-Poeta Nacional.