Carlos Lema gaña o XI Premio Johan Carballeira

«O xeito de Freud é o título deste libro que o xurado do galardón convocado polo Concello de Bueu –Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto– elixiron por unanimidade despois de caer engaiolados “pola solidez da súa construción” e a súa “complexa elaboración”, así como pola “riqueza que establece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.» (Galicia Hoxe)