Días atrás presentámosvos a iniciativa de recuperación de vocabulario “Palabras con memoria“, que pretende xuntar un banco de palabras en desuso (e polo tanto en perigo de extinción) co afán de recuperalas e poñelas de novo en vixencia e nos dicionarios.
Ao enviar a palabra, cómpre facer constancia do seu significado ou significados, así como a zona (ou zonas) onde aínda pode ser escoitada, amén doutras características que se consideren oportunas para a súa rehabilitación.
Animámosvos a seguir facendo os vosos envíos ao seguinte enderezo electrónico a cargo do noso vogal por Lugo, Isidro Novo: palabra.con.memoria@aelg.org
Recibe un cordial saúdo da Directiva da AELG