Club de lectura de Implicadas No Desenvolvemento en Vigo

«Este xoves día 21, ás 20:30 horas, o local de Implicadas/os No Desenvolvemento (Avda. Camelias, 49-escaleira, Vigo) acollerá o segundo dos clubs de lectura organizados por Implicadas No Desenvolvemento en Vigo, uns encontros participativos destinados a persoas amantes da
lectura e preocupadas polos problemas do mundo. Nesta sesión, na que se analizará e debaterá o libro-dvd O son das buguinas (Edicións Xerais), a escritora viguesa Dolores Ruíz contribuirá ao debate coas lectoras e lectores, en calidade de autora dun dos múltiples relatos que compoñen o libro.

Lembramos que o libro O son das buguinas conta con relatos de Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz, Fran Alonso e María Reimóndez, e co traballo gráfico de Xulia Barros e Paco Vila, a través dos que se rememoran as causas e consecuencias da tsunami de decembro de 2006.
Aquelas persoas que estean interesadas en participar no clubs de lectura, de xeito totalmente gratuíto, so teñen que acudir o día sinalado á sede de Implicadas No Desenvolvemento, aínda que cómpre lembrar que para poder participar no Club de Lectura é necesario ter lido todo ou unha parte do libro a debate.» (Implicada/os no Desenvolvemento)