«O escritor Xesús Constenla resultou gañador da XX edición do Premio de Novela García Barros, convocado polo Concello da Estrada, coa novela “Á espera do lusco fusco”, que publicará Editorial Galaxia.
O xurado formado por Armando Requeixo Cuba, Xosé Manuel Eiré Val, Luis Alonso Girgado, Carlos Lema, e Valentín García Gómez, que actuou como Secretario, acordou, por maioría, conceder o XX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) á obra presentada baixo o lema Á espera do lusco fusco. En opinión do xurado, a novela gañadora é especialmente valorable por tratarse dun monólogo narrativo, escrito cunha linguaxe coloquial que utiliza recursos rítmicos como a repetición con fins paródicos. […]» (Editorial Galaxia)