Un curso sobre a obra de Avilés de Taramancos

Avilés de TaramancosA casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia acollerá entre o 4 e o 6 de setembro un curso de verán da Universidade de Santiago sobre a obra deste poeta. Xerardo Agrafoxo, Xosé Manuel Beiras, Manuel Caamaño, Pilar Cagiao, Lourenzo Fernández Prieto, Salvador García-Bodaño, Pedro García, Aurora Marco, Xoán Pastor Rodríguez, Ana Romaní, Pilar Sampedro e Socorro Santos serán os ponentes deste seminario, que abordará as distintas etapas creativas do escritor no seu contexto histórico. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 22 de agosto. (Galicia-Hoxe)