«Logo do éxito da súa primeira novela para adultos, Festina lente, Marcos S. Calveiro volve sorprender na LIX. Acadou o Premio Barco de Vapor 2008, outorgado pola editorial SM, coa obra titulada O canto do peixe. Segundo explica o autor no comunicado emitido por SM, trátase “dunha novela contemporánea que relata a amizade entre un vello mariño e un neno marxinal. É unha historia con matices fantásticos e cunha trama simbólica e poética sobre un mar que morreu. Eles tentarán descubrir o esconxuro que poida poñer fin a esta maldición”. […]» (Praza das Letras)