Culleredo: presentación do libro Ciclo de plenilunios

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 17 de xuño de 2009, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania, Vilaboa), o acto de presentación do libro colectivo Ciclo de plenilunios, publicado pola editorial cullerdense Espiral Maior co patrocinio de Ámbito Cultural-El Corte Inglés. No transcurso do acto tomarán a palabra Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo, e Miguel Anxo Fernán-Vello, poeta e editor. A continuación, recitaranse algúns dos poemas incluídos no libro por parte dos seus autores/as.