Feira do Libro da Coruña: programa do sábado 1 de agosto

invitacion-erofania

11.00 Apertura da feira.
12.30 Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña. Pregón inaugural a cargo do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
18.00 A escritora Susa Herrera presentará o seu libro Todos os animais ao caixón, publicado pola editorial Primera Persona. O acto contará coa participación do grupo musical Mamá Cabra.
18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.30 Presentación do libro O museo da inocencia, do escritor Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o galego por Editorial Galaxia.
20.30 A escritora Yolanda Castaño, presentará o seu libro Erofonía. Triloxía poética (1995 -1998), publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto coa autora participan no acto Teresa Seara, profesora e crítica literaria e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.