A Fundación CEER presenta no marco da Semana da Ciencia o cómic Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?, unha ferramenta para a divulgación da ciencia entre a poboación máis nova. O volume preséntase hoxe no Salón de graos da Facultade de Bioloxía da USC, Santiago de Compostela, ás 18:30, nun acto que contará coa presenza de Senén Barro, reitor da USC e presidente do CEER; Carlos Ferrás, director do CEER; Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i, e Jaime Gómez, decano da facultade de bioloxía da USC. A seguir haberá un debate co tema É posible innovar na divulgación da ciencia?, moderado por Antía Pose, coordinaodra do CEER, e coa participación de Francisco G. Quiroga, project manager da Fundación CEER, Xurxo Mariño, Membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e Elias Torres Feijoo, Profesor titular de Filoloxía Galega da USC.