A Asociación Socio-Pedagóxica Galega vén de convocar o certame audiovisual Curtas para Rosalía. Segundo explican nas bases, “o motivo central destas curtas é a figura de Rosalía de Castro. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame deberán ter en conta que a temática xeral ha de ser a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno”. O prazo de entrega remata o 16 de xuño de 2010.