Entrevista de Arturo Losada á autora do libro O feminismo en Galicia no Xornal:
Logo, como era a radiografía política do feminismo dos comezos?
Variadísima. Hai mulleres inicialmente vencelladas a partidos, e outras que eran feministas independentes. Na AGM entraron comunistas, revolucionarias, galeguistas, independentistas… de todo un pouco, incluso xente vinculada ao cristianismo de esquerdas.Con respecto á lingua…
As feministas foron máis galeguistas que moitos militantes de esquerdas. A lingua que se empregaba para case todas as comunicacións era o galego. Estabamos casadas coa lingua e a terra.Que representou a AGM?
A máis central e a máis revolucionaria das asociacións feministas. Moitas das súas consignas aínda seguen en marcha, como a sexualidade libre, a igualdade de dereitos plena, a crítica da utilización da muller como obxecto sexual, o dereito ao aborto… [Ler entrevista completa]