Bases do XXXVI Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo 2010

BASES

FINALIDADE DO PREMIO

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, organiza o Certame Nacional Galego de Narracións Breves baixo o nome de “Premio Modesto R. Figueiredo”. Este certame organízase coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar todos os autores e autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras, sempre que estean escritas en lingua galega, sexan inéditas e non se presentasen antes a ningún outro certame literario.

TRABALLOS QUE SE PODEN PRESENTAR

Os traballos deben ter un mínimo de cinco e un máximo de trinta páxinas mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara en follas de tamaño DIN-A4. Non obstante, o Xurado poderá reconsiderar esta base se entendese que a temática ou desenvolvemento lóxico do argumento o precisasen.

TEMPO E MODO DE PRESENTACIÓN

As persoas que participen deberán enviar os seus traballos por quintuplicado sen remite, ou outra forma de identificación, antes do 15 de novembro de 2010 a algún destes enderezos: Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro Apdo. de Correos,627. Santiago de Compostela ou Concello de Vilagarcía de Arousa – Concellería de Cultura (Auditorio) Avda. da Mariña, 27. 36600 – Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Avda. Mariña, 27 | 36600 Vilagarcía de Arousa | T. 986 51 26 00 | Fax 986 50 12 20 | www.vilagarcia.es 2 1 3 4 Para a identificación das persoas premiadas ou para aquelas que o Xurado considere apropiados para publicar, todos os traballos deberán engadir un sobre pechado, cos seus datos (nome, apelidos, enderezo, teléfono ou correo electrónico) e o currículo vitae se o considera oportuno, no exterior do sobre só aparecerá o título ou lema da obra. Con respecto aos traballos que o Xurado considere merecentes de publicación poderán abrirse as plicas correspondentes para poñerse en contacto cos autores e autoras para que dean o consentimento para publicalos.

PREMIOS

A obra gañadora será premiada con 1.000 €. Porén, se o Xurado considera de calidade outras obras, dúas delas poderán obter os segundos premios que serán de 400€ cada un. Ademais, o Xurado poderá recomendar a publicación daqueles traballos que así o considere (aínda, que non conten con premio económico). En todo caso, a publicación destas obras soamente será posíbel co consentimento dos seus autores e autoras.

XURADO E DECISIÓN

O Xurado estará composto por catro especialistas en crítica literaria designados pola Fundación do Pedrón de Ouro co asesoramento e colaboración das Asociacións de Escritores e do Concello de Vilagarcía de Arousa. Así, a Fundación do Pedrón de Ouro reservarase os postos de presidente/a, secretario/a e moderador/a (estes dous últimos con voz pero sen voto). Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto. O Xurado reunirase cara á terceira semana do mes de decembro e dará a coñecer a obra ou obras premiadas coa apertura de plicas diante dos medios de comunicación. Finalmente, ao remate da decisión do Xurado o/a secretario/a redactará a acta que asinarán todos os membros deste.

ENTREGA DE PREMIOS

Os premios que obteñan as obras seleccionadas entregaranse nun acto organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa na segunda quincena de decembro en día e data que se dará a coñecer oportunamente. Os/as autores/as premiados/as terán que recoller persoalmente os seus galardóns.

OBXECCIÓNS E NORMAS DE INTERESE

A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro reservarase o dereito de publicar as obras premiadas na súa primeira edición. O/a autor/a ou autores/as, ao aceptaren estas bases, renuncian voluntariamente aos seus dereitos en favor da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro. A partir da seguinte edición, as obras son da total propiedade das súas autoras e autores, que terán a obriga de facer constar que a obra foi premiada no Premio Modesto R.Figueiredo da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro. As obras non premiadas seranlles devoltas aos seus autores e autoras se as requiren antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado. Se ninguén as require, serán destruídas. A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro é a única entidade con capacidade para decidir en última instancia calquera dúbida que puidese suscitar a interpretación das bases deste certame. O feito de concursar xa obriga as autoras e aos autores a aceptar as bases deste certame.

Pódense conseguir en formato .pdf aquí.