As rulas de Bakunin, novela de Antón Riveiro Coello publicada en Galaxia, e xa traducida para o portugués, o castelán e o italiano, foi seleccionada para o Panel Outono/Inverno 2010 do proxecto de Venda de Dereitos no Reino Unido do New Spanish Books, proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren traducidas no Reino Unido. O Panel poderá ser consultado neste enlace.