“O  pasamento de Marcos Valcárcel, que se produce no cabodano da marcha de seu  pai, pon fin a unha longa enfermidade. Galicia perde un gran  investigador, erudito e divulgador da cultura galega, tarefas que o  ourensán combinaba coa súa traxectoria como dinamizador cultural,  xornalista de opinión, ensinante e estudioso da historia cultural,  literaria e política da súa cidade e de todo o país. Autor de  numerosas  publicacións e cun constante labor xornalístico durante máis  de trinta  anos no campo do columnismo de opinión, puxo en marcha un dos  blogs de  máis prestixio do país, As uvas na solaina.” Vía Xornal, que tamén recolle posteriormente diversas reaccións ante a nova. Aparece recollida tamén en: Galicia Hoxe (en dous artigos), A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, Galiciaé, Cultura Galega e Xerais. Crónica do último adeus en Xornal.
pasamento de Marcos Valcárcel, que se produce no cabodano da marcha de seu  pai, pon fin a unha longa enfermidade. Galicia perde un gran  investigador, erudito e divulgador da cultura galega, tarefas que o  ourensán combinaba coa súa traxectoria como dinamizador cultural,  xornalista de opinión, ensinante e estudioso da historia cultural,  literaria e política da súa cidade e de todo o país. Autor de  numerosas  publicacións e cun constante labor xornalístico durante máis  de trinta  anos no campo do columnismo de opinión, puxo en marcha un dos  blogs de  máis prestixio do país, As uvas na solaina.” Vía Xornal, que tamén recolle posteriormente diversas reaccións ante a nova. Aparece recollida tamén en: Galicia Hoxe (en dous artigos), A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, Galiciaé, Cultura Galega e Xerais. Crónica do último adeus en Xornal.
 
							
