Convocada a XVI edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

“A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada convoca a XVI edición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”, en honra do persoeiro estradense que lle dá nome, e co obxectivo de contribuír ao fomento e difusion da cultura na Comunidade Autónoma Galega, coas seguintes

BASES

1. Convócase o XVI Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
2. O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos.
3. A dotación económica do Premio será de 1000 euros. O premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias.
4. Ao Premio poderanse presentar traballos publicados ata o día 30 de xuño do 2011. O prazo de recepción rematará o día 8 de xullo de 2011.
5. Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, o/a autor/a e o medio, á sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada: Zona Deportiva s/n., 36680 A Estrada, Pontevedra, ou ao enderezo fecae@feiradomoble.com.
6. O xurado cualificador, presidido pola Directora Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, estará ademais integrado polos vogais que o Comité decida no seu momento e un secretario con voz pero sen voto.
7. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no mes de setembro. O premio entregarase na XXV Feira do Moble de Galicia, que terá lugar no mes de setembro.
8. O xurado poderá declarar deserto o premio.
9. Os orixinais non premiados, poderán ser devoltos, previa solicitude nun prazo máximo de trinta días a partires da data do fallo. A Fundación de Exposicións e Congresos, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados.
10. A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases.”