O sábado 11 de xuño terá lugar unha nova edición do Roteiro literario-artístico de Fiz Vergara Vilariño, organizada pola A. C. Ergueitos:
“Xuntarémonos na Casa da Cultura de Sárria ás 12:30 horas e comezaremos a viaxe polo roteiro literario-artístico Fiz Vergara Vilariño. Xantaremos en Paredes de Lóuzara ás 14:30 horas. Seguiremos o roteiro pola Xabreira, visitaremos a casa do Fiz, o muiño e a Fonte da Cova e ás 18:00 horas realizaremos un recital poético-musical na Aira de Tesín. Leremos os versos do Fiz aos tesos e continuaremos camiño até a Fervenza de Augadalte e o Pozo de Beltrán.
Gostaríanos contar coa vosa participación nesta festa da poesía, a natureza e arte na que lembramos as visitas que os amigos lle facíamos ao Fiz.”
A reserva de praza para o xantar pódese realizar nos seguintes números: 678601550 e 677429225, ou ben enviando un correo electrónico a este enderezo: ergueitos@gmail.com.
Aquí pódese descargar o convite en .pdf: XI roteiro fiz vergara lóuzara.
Deixamos tamén á disposición de todas e todos esta ligazón ás fotos do Roteiro feitas neste inverno por Maribel Longueira: