Roteiro Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, na Coruña

Destacado

O Roteiro Unha lebre entre semáforos, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O presente roteiro será guiado por Dores Tembrás. En palabras da autora: “Unha lebre entre semáforos é a proposta para pasar xuntas unha mañá de domingo. Un percorrido a través dos poemas e as rúas que me sitúan na miña chegada á Coruña con sete anos. A palabra dará conta do encontro cun espazo urbano por veces hostil, pero tamén de fascinio e aprendizaxe. Vides camiñar comigo?”

Terá lugar o domingo 8 de novembro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a porta da entrada ao Parque de Santa Margarita desde a Ronda de Nelle. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.

Roteiro Sangue de balea, tinta para debuxar e describir unha cartografía salvaxe na fin da terra, con Xosé Iglesias, en Gures (Cee)

Destacado

O Roteiro Sangue de balea, tinta para debuxar e describir unha cartografía salvaxe na fin da terra, con Xosé Iglesias, en Gures (Cee) é unha actividade da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Cee. Esta iniciativa pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

En palabras do autor: “Construírse un mesmo aprendendo a descifrar a cartografía salvaxe da Costa da Morte. Mariñeiros esculpidos coa mar brava, a tinta de polbo e o sangue de balea. Remos que o bogar son a melodía perfecta para recitar un poema na fin do  mundo.”

– O roteiro presencial terá lugar o sábado 7 de novembro de 2026, a partir das 16:00 horas, tendo como punto de encontro inicial o Miradoiro de Gures (Cee).

– A actividade é gratuíta e non é necesaria inscrición previa.

– Nota: é preciso levar calzado axeitado, dado que se vai por zona de monte.

O autor elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel na web da AELG nos seguintes meses.

Crónica fotográfica do roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, guiado por Ana Ramil

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, con Ana Ramil, celebrado o pasado 4 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Compostela: actividades do 11 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 10 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 9 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 7 e 8 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 5 e 6 de outubro na SELIC 2026

Compostela: actividades do 3 de outubro na SELIC 2026