Continúa a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do 1 ao 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do mércores 6 son as seguintes:
– 18:30 h. Programa infantil. Cantacontos: O bardo Abelardo. Contacontos musical a cargo de Servando Barreiro.
– 19:30 h. Charla coloquio do profesor Jorge Mira, arredor do seu libro A ciencia no punto de Mira, publicado por Auga Editora. Xunto co autor participarán no acto Martín López Nores e Xosé Antón Perozo. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
– 20:00 h. Antonio García Teijeiro asinará exemplares dos seus libros Verbas de sal e Recendos de aire sonoro, publicados por Edicións Xerais, e do resto das súas obras.
– 20:30 h. Conversa co escritor Agustín Fernández Paz, arredor da súa novela Non hai noite tan longa, publicada por Edicións Xerais.