O cambio de modelo centra o programa do Foro Culturgal

“A crise económica e a pegada das novas tecnoloxías son algúns dos factores que están a provocar unha fonda mudanza no traballo da xestión e mais das industrias culturais. O Foro Culturgal 2011 pretende analizar este panorama co lema O cambio de modelo e para isto prepara un intenso programa de conferencias e debates que se realizarán de xeito paralelo á Feira Galega das Industrias Culturais, os vindeiros 2 e 3 de decembro. Entre os relatores atopamos a Ferdinand Richard, director de A.M.I. de Marsella, Cristina Fuentes, directora internacional de Hay Festival para España e Latinoamérica ou Luís Fernandes, coordinador da asociación D’Orfeu de Águeda. Entre outras actividades, un obradoiro dirixido por Alberto García, de Nova xestión cultural, e Fátima Rodríguez, de Promove, procurará novos mercados para a industria cultural.” Vía Cultura Galega.