Envío de traballos para un novo libro colectivo en Letra en Obras:
“O inverno chama á porta e xa as rúas comezan a espirse de xente. E para onde van as galegas e os galegos cando xea en Lugo, Allariz, Toques, Becerreá, Forcarei ou no Castro de Beiro? Non vos enterastes? Volveron mercar bolígrafos e andan ensarillando unhas palabras nas outras porque se enteraron de que Letra en Obras quere artellar un novo libro colectivo, para dar conta do que di a xente cando se lla da por dicir mediante a poesía.
Quen pode participar?
Todas aquelas persoas que non teñan publicado un libro de poesía individual, enviando un máximo de tres poemas. @s que queiran participar utilizando un pseudónimo poderán facelo enviándonos os seus datos e o seudónimo co que queren asinar. Letra en Obras realizará a escolma de entre os textos recibidos cando remate o prazo de envío.
Cando remata o prazo de envío?
Co pasamento do mes de febreiro, en día 29.
Como se vai chamar o libro?
Iso é cousa vosa, pois dende agora queda aberta no espacio de comentarios desta noticia a posibilidade de facer propostas para un nome de entre os que nós escolleremos un.
Que levarán @s autor@s dos poemas elixidos?
Unha considerable cantidade de gratitude e a posibilidade de entrar en contacto cun público lector, a posibilidade de facer existir os seus poemas ao introducilos na cadea sen fin dos textos que un día se escribiron e non paran de volver nacer.
Esta, precisamente, é a arela primeira de Letra en Obras: ofrecer ferramentas para continuar tecendo esa rede pegañenta que nos segue a limpar dos ollos o contorno das cousas ordinarias.
Escríbenos á nosa caixa de correo: contacto@letraenobras.com“