O sábado 27 de outubro, no Salón Obradoiro do Pazo de Congresos (Barrio de San Lázaro) de Santiago de Compostela, terá lugar o XXVII Foro Encrucillada, baixo o título Ciencia e fe, o diálogo necesario. O horario é o seguinte:
– 10:15 h. Presentación, por Ramón Cao.
– 10:30 h. Andrés Torres Queiruga introducirá o diálogo relixión-ciencia.
– 12:30 h. Carlos Pajares Vales falará de cosmoloxía e fin do mundo.
– 16:00 h. Presentación de libros.
– 16:30 h. Camino Cañón Loyes falará de novos ateísmos.
– 18:30 h. Celebración-oración homenaxe a Bernardo García Cendán. Preparada por Victorino Pérez Prieto.
– 19:00 h. Remate.