O xoves 14 de agosto comeza a edición de 2014 da Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón inaugural a cargo de Xurxo Souto.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.