#EuSonRosalía: Celso Fernández Sanmartín e Chelo Suárez

CoEuSonRosalia___(1) cancelo #EuSonRosalía a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón celebrar o Día de Rosalía de Castro 2015 convidando os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
A idea é que os lugares nos que se filme esa breve declaración, de contido libre e persoal, sexan escenarios da vida cotiá, de ser posíbel, especialmente os ámbitos laborais, en conexión con boa parte da poesía rosaliana, vinculada ao traballo e á vida diaria.

Estas son as palabras enviadas por Celso Fernández Sanmartín e Chelo Suárez:
– Celso Fernández Sanmartín:
“O
 verso
 1863
 de
 Cantares
 Gallegos
 de
 Rosalía
 de
 Castro
 coincidiría
 en
 orde cardinal
 co
 ano 
de 
publicación
 dese
 seu 
libro. Ese 
verso
 1863
 está
 contado 
na 
edición 
conxunta 
que 
con 
Follas
 Novas 
e 
máis
 En las
 orillas
 del
 Sar,
 levou 
a 
cabo
 o 
Patronato
 Rosalía
 de 
Castro,
 nun 
mesmo 
volume 
titulado 
xenéricamente
 Poesías
. Puntualizo 
que 
este 
verso 
1863 
está 
contado
 na 
4ª
 edición 
do 
libro 
anteriormente
 citado
.
A
 curiosidade 
moveu
 neste 
caso 
o 
traballo
 de 
contar
 desde 
o 
comezo
 de
 Cantares
 Gallegos
 todos 
os 
versos 
ata 
chegar
 ó
 verso 
1863.
 A 
riqueza 
de 
sensos 
da 
poesía 
de 
Rosalía de Castro 
multiplícase
 exponencialmente, 
para
 cada 
persona
interesada, tomada 
verso
 a
 verso
.
Marcóuseme
 o
 sorriso
 cando
 vin
 qué
 verso
 era
 este
 1863,
 por
 todas
 as 
connotacións
 e
 asociacións
 que
 hoxe
 en
 día
 poden
 saír
 del,
 dun
 verso
 tomado
 en 
soidade, 
arrincado 
do 
corpo 
do 
poema, 
que a 
pesar 
de
 ter 
nado
 no 
ano
 1863,
 para 
moitos
 naceu 
hoxe 
ou 
nacerá
 mañá
.
“sírvelle 
de
 cubertura”.”
Chelo Suárez:
“Eu non son, mais síntome Rosalía. Síntome si, unida a ela, ao seu sentir, aos seus poemas. Fálolle dende o silencio, deusa do meu templo.Para lle dicir:
Quizais existes, sombra, nun mar cheo de estrelas. E te achegues a min con pasos silandeiros dende o furtivo son dos acentos perdidos, nese vagar constante que te eterniza ao tempo. Se cadra existes no decorrer da auga que as fontes polos claustros verten lúcida e pura. Conversa de rumoroso son, onde a pagan a sede brancas pombas e rulas. Quizais existes, espírito das formas dentro de todos nós, cal vaguidade núa.”