O sábado 14 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades, moderada por Paz Castro, coa participación de Blanca Roig Rechou, David Pintor, Xavier Senín, Romina Bal e Manuel Bragado. A entrada é libre.