

Nado en 2016 grazas a un convenio entre a Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Perugia, o Centro de Estudos Galegos (CEG) distinguiuse non só pola súa marcada vocación científica, plasmada na publicación de volumes e artigos, senón tamén polo seu compromiso coa docencia e a difusión da lingua, a literatura e a cultura galegas fóra do ámbito académico, a través de actos públicos e colaboracións institucionais.
Ao longo destes anos celebráronse proxeccións de películas, concertos, exposicións, espectáculos teatrais, presentacións de libros, recitais poéticos e conferencias de escritores e intelectuais.
Precisamente para celebrar o décimo aniversario da súa creación, o CEG organizou unha serie de iniciativas que terán lugar o xoves 29 e o venres 30 de outubro. A celebración comezará o xoves 29 de outubro ás 16.00 na Sala delle Adunanze do Departamento de Letras, cos saúdos institucionais de Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Ignacio Peyró, director do Instituto Cervantes de Roma, e Gianluca Grassigli, director do Departamento de Letras. Ás 16.30, Marco Paone e Carlo Pulsoni repasarán os dez anos do Centro no encontro «Memoria e percorrido». Ás 17.00 será a quenda da literatura, cun encontro co escritor Manuel Portas arredor da súa novela Lourenço, giullare, no que participará a tradutora Gloria Castelli.
A homenaxe continuará ás 21.00 na Abbazia di San Pietro, en Borgo XX Giugno 74, co concerto de Catuxa Salom, Mulleres Piratas, e a participación de Clara Borghesi. Unha viaxe polo folclore galego e as sonoridades electrónicas, enriquecida pola voz narrativa e interpretativa de Borghesi, nun diálogo entre música, poesía e teatro. A entrada ao concerto será libre ata completar o aforo.
O venres 30 de outubro, as actividades continuarán na Sala delle Adunanze. Ás 10.30, Carlo Pulsoni moderará a mesa redonda «Os estudos galegos en Italia», coa participación de Attilio Castellucci, Rachele Fassanelli, Simone Marcenaro e Marco Paone. Ás 12.00 tomarán a palabra as novas xeracións da investigación, con presentacións e experiencias de persoas tituladas que dedicaron os seus traballos de fin de estudos ao ámbito dos estudos galegos na Universidade de Perugia.”
A XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral. “Palabras de berce: o folclore infantil e a transmisión da memoria” é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO, xunto á colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, que vai ter lugar o sábado 24 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixesen asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.
PROGRAMA
– 10.15 Recepción, entrega de material e inauguración.
– 10.30-11.30 Conferencia: “Enredos coa propia lingua: a palabra tamén é un brinquedo”, con Antón Cortizas.
– 11.30-12.30 Conferencia: “Cartografía da infancia. Apego e tenrura nos cantos de reis”, con Lorena Pinheiro.
– 12.30-14.00 Mesa redonda: “Poñerlle palabras á experiencia do mundo”.
Con Antón Cortizas e Lorena Pinheiro.
Modera: Lois Pérez.
– 16.00-17.00 Conferencia: “A transmisión da tradición oral dende o berce”, con Pavís Pavós.
– 17.00-18.00 Conferencia: “Detrás de Pedro Chosco. As voces das mulleres nos arrolos” con Iria Sobrino Freire.
– 18.00-19.30 Mesa redonda:: “O conto e o canto: o papel da lingua na adquisición do código”
Con Pavís Pavós e Iria Sobrino.
Modera: Eva Teixeiro.
– 19.30-20.30 Sesión práctica: “Os xogos tradicionais como elemento normalizador: a experiencia de XOTRAMU”.
O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.