O xoves 23 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 13:00 h. Inauguración. Actuación musical de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara), e pregón de Helena Villar Janeiro.
– 20:30 h. Presentación de Un animal chamado néboa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, publicados por Xerais, coa participación, xunto á autora, de Manuel Bragado e Historia da literatura infantil e xuvenil galega, de Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora da obra), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Marta Neira (coautoras). Presenta o acto Carlos Mosteiro Fraga, da Asociación Cultural Barbantia, na Casa do Concello.