Desde o Consello da Cultura Galega:
“O Concello de Ferrol publica as bases da XXI edición deste certame de carácter bianual que ten como obxectivo promover a creación literaria e a investigación lingüística. O certame ten dúas modalidades: o “Premio de investigación lingüística ou ensaio” e o “Premio de creación literaria (narración curta)”. O xurado outorgará un premio de 3.700 euros para o/a gañador/a de cada unha das modalidades. O prazo para entregar os orixinais remata o 15 de setembro de 2016.“