O venres 19 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 20:00 h. Presentación do libro A maruxaina e outras sereas, de Paco Rivas, Alfonso Otero Regal e Pablo Mosquera, publicado pola Deputación de Lugo.
– 21:00 h. Presentación do libro Mortos por amor á Terra. A represión do nacionalismo galego 1936-1959, publicado por Sermos Galiza. Presenta Xosé Ramón Ermida Meilán, acompañado de Xoán Ramón Fernández Pacios e Xoán Costa.