O venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.