
Arquivos da etiqueta: Concello de Noia
Conferencia de Felipe Senén sobre Isaac Díaz Pardo. Vida, obra e espolio, en Noia
Noia: conferencia de Felipe Senén sobre Isaac Díaz Pardo. Vida, obra e espolio
Noia: encontro retrospectivo con Manuel López Rodríguez no Día da Poesía
Encontro retrospectivo con Manuel López Rodríguez no Día da Poesía, en Noia
Ditame do XXIV Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
“A mañá do 22 de decembro de 2025, o xurado fallou o premio do XXIV Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos na salón de actos da Casa da Cultura.
O xurado constituído por: Chelo Martínez Pérez, concelleira de cultura; Oliva Fraga Lombardía, secretaria do xurado; Mariña Pérez Rei, escritora e profesora; Mª Dolores Arxóns Álvarez, profesora e escritora; Xavier Castro Rodríguez, profesor e escritor, e Antonio Piñeiro Fernández, profesor e escritor, reuníanse, despois das deliberacións, no salón de actos da Casa da Cultura para proceder á lectura da acta:
Por unanimidade, o xurado decidiu declarar DESERTA a convocatoria do XXIV Certame.
O xurado estimou:
1.- A súa satisfacción polo número de participantes en aumento desta volta, na que se achegou a 16 orixinais.
2.- Declarar o premio deserto, dado que os orixinais non acadaron os mínimos de calidade literaria que se esixe neste Certame.
3.- Mencionar o feito de que algunha das obras sería susceptible de melloras lingüísticas e literarias que sustentasen o interese do seu argumento.”
Bases do XXIV Certame Literario do Relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos
Noia: presentación de Galegas na música
Noia: presentación da edición facsímile do libro Xornadas de Bastián Albor, de Álvaro de las Casas
O 2 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia terá lugar a presentación da edición facsímile do libro Xornadas de Bastián Albor de Álvaro de las Casas, con edición e estudo a cargo do profesor Xavier Castro Rodríguez. No acto intervirán, xunto a el, Antonio Piñeiro Fernández e José Pérez Martínez, concelleiro de cultura. Con este libro, publicado polo Concello de Noia, lémbrase que este ano se celebra o 75 aniversario do falecemento do eu autor, que foi profesor en Noia de 1930 a 1936. A entrada é libre.








