III Concurso Premio Relatos Curtos O Cabaleiro das Cunchas da Vila de Bouzas, 2018

1. A este premio poderán concorrer todos os autores (ou autoras) que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cun relato escrito en calquera dos idiomas que son oficiais na Península Ibérica: galego, castelán, portugués, catalán e euskera co tema único da: “Lenda do Cabaleiro das Cunchas de Bouzas”.
2. Os relatos serán orixinais e inéditos en todos os formatos, tanto en papel como dixital, terán una extensión non inferior a tres follas nin superior a 15. Serán presentados en texto formateado con letra de tamaño 14 e espaciado dobre en Times New Roman.
3. Poderán presentarse de dous modos: en papel, con tres copias, debidamente grampadas ou encadernadas, ou con un arquivo gravado en CD en formato PDF, seguindo as mesmas normas que se detallan o apartado 2 de estas bases.
4. Os relatos enviaranse antes do 30 de Maio de 2018, facendo constar no sobre: “IIIº Concurso de Relatos Curtos do Cabaleiro das Cunchas da Vila de Bouzas, ao seguinte enderezo: Cofradía del Santísimo Cristo de los Afligidos de Bouzas. R/ San Miguel, nº 1- Baixo. CP 36208 – Bouzas – Vigo.”
5. Presentarase cos orixinais, dentro do sobre pechado, baixo plica, una declaración xurada asinada polo/a autor/a onde declare a súa autoría sobre o relato, así como a súa orixinalidade. A non inclusión desa declaración xunto co relato será motivo para que a obra en cuestión sexa excluída automaticamente, considerarase non remitida e non presentada, a destruírse.
6. Establécese un único premio dotado con mil cincocentos euros, 1.500,00 €.
7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os relatos presentados non reúnen a calidade suficiente.
8. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da posible primeira edición de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador. Estes dereitos corresponderalle en exclusiva á entidade organizadora deste premio.
9. O Xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito das nosas letras. A decisión do Xurado será inapelable e farase pública no mes de Xuño do 2018.
10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que se realizará na vila de Bouzas o venres anterior ao terceiro domingo do mes do Apóstolo.
11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores/as o soliciten por escrito nun prazo máximo de dous (2) meses a partir da data se faga pública a resolución do Xurado. Os orixinais que non se retiren destruiranse.
12. Nos aspectos non incluídos nestas bases ou aqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles aos membros do xurado, que emitirán ditame que será inapelable.
13. A participación na convocatoria implica a aceptación destas bases.

IRMANDADE DAS DONAS E CABALEIROS

Vila de Bouzas, VIGO, xaneiro do 2018.

Patrocinador: Deputación de Pontevedra.”