Desde Cultura Galega:
“Carlos Negro (Lalín, 1970) ten a honra de ser recoñecido como o autor máis lido polas lectoras e lectores que formaron parte dos Clubes de lectura no curso 2016/2017. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos vén de publicar a resolución pola que se concede este premio anual ao profesor e poeta Carlos Negro. O galardón seralle entregado o vindeiro 1 de xuño no marco da XI Xornada dos Clubs de Lectura. O recoñecemento ten como obxectivo poñer en valor o labor de autores galegos que facilitan coas súas obras a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese das persoas que toman parte nos clubes, contribuíndo á construción de novos lectores e lectoras na etapa da adolescencia.”