O 7 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
7 de xuño
– 19:00 h. Inauguración, diante do Concello. Pregón a cargo de Ánxela Gracián.
8 de xuño
– 18:30 h. Presentación de Camiños, de Magín Blanco.
– 19:00 h. Fina Casalderrey asina exemplares de Historia da bicicleta dun home lagarto e outras obras.