
Arquivo da categoría: Música
A Coruña: XVII Lúas de Outono 2026. Manuel María, con Ludus Tonalis, o 23 de setembro
Vilalba: presentación de Formas, figuras e sombras na Terra Cha e Catálogo do cantar de cego galego. Volume I. Voandeiras, de Mero Iglesias
Compostela: IV Encontro O Camiño á Rocha
Vilalba: Homenaxe a Manuel María. XXII cabodano
Entrega de premios do VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba
Desde Culturalia GZ:
“Este sábado, 5 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase a cerimonia de entrega dos premios ás persoas galardoadas no VIII Certame de Microrrelatos de Vilalba.
Este certame, organizado polo Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ, vaise consolidando dentro do panorama literario galego. Na presente edición houbo unha achega de 60 obras presentadas nas tres categorías de participación (infantil, xuvenil e adulta).
No acto deste sábado, ademais das persoas galardoadas, tamén estarán presentes a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco Seoane, a concelleira de Cultura, Mónica Gónzalez Fernández, e a concelleira de Comercio, Turismo e Promoción da Lingua, Mª Xosé Fernández Pardo, na mesa presidencial. Martiño Maseda, como administrador de Culturalia GZ, exercerá de presentador do acto.
Para a deliberación deste 2026 contouse cun xurado composto por Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora, Atenea Ruibal Durán, bibliotecaria da Biblioteca Municipal de Vilalba, e a docente Pilar Otero Cabarcos.
A relación das obras premiadas e autores/-as das mesmas é a que segue a continuación:
Categoría Infantil
1º Premio: Leah Ferreiro García, co microrrelato QUÉROTE, AVÓ
2º Premio: Carmen López Tenreiro co microrrelato O BOSQUE DAS MIL MARABILLAS
3º Premio: Antía Pérez Cendán, co microrrelato AS AMÉRICAS
Categoría Xuvenil
1º Premio: Darío Pita Rodríguez, co microrrelato O SOBRADO
2º Premio: Duarte Mariño Torrado, co microrrelato OLA, HAI ALGUÉN AÍ?
3º Premio: Adriana Garrido Santos, co microrrelato O LIBRO
Categoría Adulta
1º Premio: Patricia Torrado Queiruga, co microrrelato HISTORIA UNIVERSAL
2º Premio: Cándido Paniagua Pousa, co microrrelato Á HORA ACORDADA
3º Premio: Alba Sánchez Ares, co microrrelato APOÑENDO
Tamén se contará co acompañamento musical da Asociación Cultural Árdelle o Eixo.”
Santiago de Arcos (Mazaricos): IV Encontro Burla Verde
Vimianzo M.O.L.A. 2026
Salvaterra: actividades do 4 de setembro no XXXVIII Festival da Poesia no Condado 2026
Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música, impartido por Isabel Rei Samartim, en Pontevedra
Destacado
O Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra. Será impartido por Isabel Rei Samartim.
“Se a palavra escrita é capaz de evocar silêncios e melodias, a música transporta em si o poder de narrar histórias. Neste obradoiro exploraremos o território partilhado onde as duas artes se cruzam, fundem e desafiam, investigando as infinitas correspondências entre a expressão verbal e a linguagem musical.
Ao longo de sete sessões práticas e teóricas, o foco estará na porosidade das fronteiras artísticas. Analisaremos como o ritmo, a harmonia e a textura moldam tanto a construção de um texto como a composição de uma peça sonora. Vamos investigar de que forma a literatura se apropria da matéria musical, e como a música reinterpreta e amplifica as narrativas literárias.
Este espaço será um laboratório dinâmico e flexível, um convite aberto a tornar o pensamento em música e a música em literatura, num diálogo livre e em constante transformação.”
– 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).
Calendario
– Días: Sábados 19 de setembro; 3, 24 e 31 de outubro; e 7, 14 e 21 de novembro de 2026.
– Horarios: de 10:00 a 13:00 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.








