Bueu: presentación de As catro estacións do relato audiovisual, de Carlos Aurelio López Piñeiro

O 15 de febreiro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, Carlos Aurelio López Piñeiro presenta o seu libro As catro estacións do relato audiovisual. Técnica do relato fílmico. No acto, organizado pola Libraría Miranda, participa, xunto ao autor, o profesor e escritor Salvador Castro Otero.