O 26 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:30 h. Presentación de Liñas compartidas, publicado por Toxosoutos, onde se recollen os traballos literarios derivados do Obradoiro As historias no espello, dirixido por Antón Riveiro Coello en 2018.
– 21:15 h. Presentación de Mulleres, de María del Carmen Rey Núñez, publicado por Toxosoutos.