A biblioteca pública de Ourense chamarase Xeración Nós

Desde Cultura Galega:
“Logo de recibir case medio cento de propostas no proceso participación para escoller o nome da nova Biblioteca Pública de Ourense, a Xunta de Galicia decidiu bautizar o centro como Xeración Nós. Segundo anunciou o Goberno Galego o pasado venres, a denominación foi apoiada por entidades como a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Uxío Novoneira, o Museo do Pobo Galego, a Asociación O Sorriso de Daniel, a Delegación Arxentina da Fundación Galicia América ou o Ateneo de Ourense. O nome coincide coa celebración este ano do centenario da revista Nós, que serviu de expresión para o grupo do mesmo nome. “