O 17 de xuño continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Jorge García Marín asina Papá, por que non pintas as unllas de cores?, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Gaspar Domínguez asina Matriz de area, publicado por Urutau.