Desde Euseino?:
“Continúa a serie do Decálogo da novela, desta volta cunha achega de Santiago Lopo. O autor da Diagonal dos Tolos parte dunha idea da novela como universo de seu, irresistible e exacto. Un poliedro de mundos. Ficcións ousadas, atrevidas, mesmo prohibidas, que retorcen prexuízos ao aproveitar a potencia significativa dos grafemas. Arriscada, hipnótica e liberadora, a novela é coma unha faísca estelar cunha duración propia e unha materia que, igual ca os astros, acubilla séculos. Vidas que se subsomen na memoria, a novela acaba sendo espéculos e miraxes, unhas poucas escenas, algún personaxe, ¿unha lección? Ao cabo, a ficción narrativa permanece pola súa propia metamorfose infinita.
Sección coordinada e editada por Iván García Campos. En semanas vindeiras, novos decálogos escritos por novelistas. A novela pénsase desde a novela, a ficción tamén é reflexión.
♦
Un poliedro infinito
1) Libre, coma un big-bang de grafemas. A novela nace dunha explosión creativa e polimorfa que forma un universo de seu.
2) Nutritiva, coma pexego prohibido. Téntanos dende a árbore veciña. Irresistible ao noso padal. Regálanos coñecemento do mundo e instrúenos na ciencia do ben e do mal. (…)”