O 25 de xuño, ás 20:30 horas, no Local Social A Solaina, de Narón (Rúa Mercedes Freire Lago), preséntase Recortes de risa, de José Luis Graña Muíño, publicado por Fervenza. Acompañan ao autor a filóloga Sonia Alonso e o actor Alejandro Alonso. Ademais, contarase cunha lectura dramatizada dun fragmento da peza +Positivo, incluída no libro.