Paula Carballeira, Premio dos Clubs de Lectura 2025

Desde Xerais:
Paula Carballeira é a gañadora do Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24. A Xunta de Galicia anunciou o premio con motivo da celebración do Día do Libro o pasado 23 de abril. No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Desde hai dous cursos, contribúe a este recoñecemento o alumnado dos clubs de lectura da educación primaria. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. “