“O 17 de maio, Día dos Museos, no espazo cultural Portas Ártabras, de Amigos dos Museos de Galicia, este colectivo, pioneiro en Galicia, deu a coñecer o Premio Pedra do Destino, que neste ano estimaron conceder ao Museo do Pobo Galego de Santiago, pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas institucións. O premio nesta ocasión consistirá nun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidades. Entrega que se efectuará no outono. Finalmente, Felipe-Senén insistiu no papel dos museos, como necesario complemento da educación, onde recobrar o diálogo, a igualdade e a liberdade pola paz. Cun refrixerio enxebre e brindis polo mellor futuro para os museos, convidouse aos numerosos asistentes a visitar museos.”