Bases do Premio Exeria Ateneo Atlántico de relato curto 2026

PREMIO EXERIA ATENEO ATLÁNTICO DE RELATO CURTO 2026

1.- Prazo de presentación de orixinais dende o 1 de marzo ata o 30 de abril.
2.- Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega, sen axuda da IA e que non fose gañador en anteriores convocatorias.
3.- O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos espazos e título.
4.- O tema será… VIGO fronteira.
5.- Establecerase un premio de 1.500 euros e unha escultura de Cuqui Piñeiro, suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
6.- Os relatos enviaranse ao enderezo do seguinte correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal
No asunto do correo figurará Premio Exeria 2026.
7.- Adxuntaranse dous documentos:
– O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación da autoría.
– O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor/a, número do teléfono e breve currículo, se o houbese).
As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
8.- O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado polo gañador do Premio Exeria 2025 e dúas persoas máis, designadas polo Ateneo Atlántico, ademais da secretaria do certame.
9.- O ditame do xurado e a entrega do premios terá lugar na segunda semana do mes de xuño de 2026.
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso do gañador/a de ser parte do xurado do certame do próximo ano, ademais do consentimento para a publicación do seu relato nunha plaquette en edición non venal a finais do 2027, xunto cos relatos gañadores dos dous anos anteriores.

Ateneo Atlántico de Vigo / Febreiro de 2026″