O 28 de agosto, ás 19:00 horas, no Auditorio do Museo do Pobo Galego, o antropólogo Diego Amoedo Martínez ofrecerá un faladoiro titulado Narrativas á volta da terra-territorio no noroeste peninsular e no centro da Amazonía. A conferencia pecharase cun coloquio aberto para debater conxuntamente sobre estas cuestións.
Esta conversa forma parte do ciclo Faladoiros en Bonaval, que se desenvolverá a partir de agosto no Museo do Pobo Galego. Acceso libre até completar a capacidade.