«Con motivo do Certame Outonarte 08: “Sobre o espazo infinito. A creación ao redor do mar”, hoxe, xoves, 25 de setembro, ás 19:30, na Sala de exposicións municipal de Palexco, terá lugar unha charla que leva por título “Lugrís, pintor do mar”, na que Antón Patiño, Luís Rei Núñez, Ánxeles Penas e Xavier Seoane analizarán a obra e a vida do artista.
A continuación o artista Antón Patiño e mais o especialista en personaxes e lugares da Coruña, Xurxo Souto, farán de cicerones nun percorrido polos lugares que frecuentaba Lugrís, nalgúns dos cales aínda queda testemuña da súa obra, sobre todo, grandes murais; unha das vías de expresión que caracterizaba ao pintor coruñés. Bautizado como “Roteiro Tabernario”, o percorrido guiado partirá da sala Palexco as 21 horas de mañá xoves, día 25 de setembro, e visitará, entre outros, A Bottega (rúa dos Olmos), A Mundiña (rúa da Estrela), os Cantóns e por fin, o café Veccio (rúa Real).» (Concellaría de Cultura do Concello da Coruña)