Arquivo da categoría: Arte
A Coruña: “Homenaxe a Castelao: Arte, Narrativa e Teatro”
O 8 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo Alexandre Bóveda Teatro súmase ao aniversario de Castelao cun espectáculo que combina diferentes expresións artísticas inspiradas na obra do autor. A través de debuxos que evocan os seus contos, narrados polos intérpretes do grupo, e a representación dun fragmento da súa célebre obra dramática Os vellos non deben de namorarse, o público poderá mergullarse no universo creativo de Castelao. Dirixe a montaxe Manuela Varela. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.
A Coruña: Luís Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso
Compostela: Xornada “Isaac, editor”, o 27 de marzo
A Coruña: conferencia “O universo Isaac Díaz Pardo. Entre a Revolución Industrial e o Art Déco”, por Iria-Friné Rivera Vázquez
Nigrán: “Pueosía, unha viaxe de ideas, cores e reflexión”, con Soledad García Riveiro, o 21 de marzo
Lugo: presentación de Simboloxía do Románico de Taboada, de Xosé Lois García
Compostela: concentración da Cultura Galega contra o xenocidio do pobo palestino, o 31 de marzo
O Comité de Solidaridade coa Causa Árabe (CSCA) convoca a artistas de todas as disciplinas e representantes da cultura galega a unha concentración artística en apoio ao pobo palestino e en denuncia do xenocidio que están a sufrir o vindeiro luns 31 de marzo, ás 20:00 h., na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora con esta actividade coa participación de:
Daniel Asorey
Chus Prol
Cesáreo Sánchez
Eva Teixeiro
Suso de Toro
Marga do Val