O mércores 13 de abril, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a terceira conferencia dos IV Encontros Cidade da Coruña, baixo o lema Ser Escritor, Ser Escritora, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración da Real Academia Galega. Ana Romaní falará sobre Vagar nos lindes. Tirar da pel, unha viaxe pola súa experiencia poética, desde o seu primeiro libro, Palabra de mar (1987) até o recente Estremas (2010). O acto estará presentado por Mercedes Queixas.