A Coruña será a sede permanente do Cultur.gal

«[…] A decisión de que A Coruña sexa a sede de Cultur.gal tomouse logo de avaliar como moi positiva a presenza de público na feira, que os organizadores cifran para os catro días da súa celebración en arredor de 37.000 persoas, o que significa case cuadriplicar a asistencia á primeira edición. Segundo os datos manexados polo consello asesor da feira, 2.900 persoas terían participado nas actividades de público xeral, e 5.500, nas dirixidas a público infantil.

Ademais as actividades profesionais relacionadas coa música, o libro, o audiovisual, as novas tecnoloxías, as artes escénicas, a dinamización lingüística e a xestión cultural congregaron a 500 profesionais deses sectores.

Outro dato que fala da importancia da cita para o sector é a participación de 75 entidades expositoras.»

(La Voz de Galicia)