“Editorial Trifolium publica o ensaio Estética e temporalización do Camiño Xacobeo, unha obra do poeta Antonio Gamoneda, quen en 2011 foi nomeado Escritor Galego Universal pola AELG, traducida ao galego por María Fe González Fernández. Trátase dunha obra inédita que ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingua, por expreso desexo do autor, que elixiu a colección Musa pedestris, de Trifolium, para a súa publicación. O ensaio, relativo á obra de creación de e verbo do Camiño de Santiago, toca aspectos formais e iconográficos ligados, uns e outros, á arquitectura, á escultura, á pintura e á escrita en función estética.” Vía Trifolium. Recollido tamén, posteriormente, en Cultura Galega.